COÑECE ÁS E AOS PROTAGONISTAS DO NOSO CALENDARIO 2026 ✨



Este ano quixemos dar un pasiño máis: non só amosar as fermosas cariñas dos animais que enchen o noso calendario, senón tamén compartir as súas historias.


Detrás de cada ollada hai unha vida marcada por momentos difíciles, pero tamén por segundas oportunidades, agarimo e esperanza. Cada un deles é un exemplo de forza e de tenrura, e queremos que poidades coñecelos mellor.


Ao abrir estas historias, descubrirás quen son, de onde veñen e como chegaron a formar parte da nosa familia biosbarda.

Grazas por apoialos
Por apoiarnos


Con este calendario non só levas un anaco de beleza para o teu fogar, senón que tamén contribúes a que moitos máis animais poidan escribir a súa propia historia de futuro.

Aínda non tes o teu calendario?

 · Envía un correo a: atrastendadeparcheosbiosbardos@gmail.com
 · Atópanos nalgún mercado co noso posto.
 · Achégate a algún dos puntos de venda colaboradores da asociación.