Hernest

Din que todo heroe leva
consigo unha cicatriz,

e as de
Hernest non
están só no seu corpo.

Tamén viven na súa memoria.

Houbo un tempo no que corría libre dentro do refuxio, confiando nos seus, entregado ó xogo como si nada puidera romper o seu espírito.

Pero unha noite todo cambiou.

A batalla non foi xusta: os seus compañeiros de canil volvéronse contra el e o aire encheuse de gruñidos, cabeiros e medo.

Cando por fin amenceu, Hernest sobrevivira, pero xa non era o mesmo.

O refuxio converteuse nun territorio estraño, hostil, cheo de sombras.

Onde antes había ladridos amigos, agora escoitaba ecos que o facían tremer.

As súas lesións sandaron co tempo, pero a súa alma seguía ferida.

Cada recuncho lembráballe á emboscada, cada ruído mantíñao alerta.

Hernest, o valente, aprendera a desconfiar.

Entón apareceu Sofia.

Non como unha heroína resplandecente, se non como unha compañeira inesperada.

Ela tamén librara as súas batallas, tamén coñecía o que era a desconfianza.

Ó principio medíronse a distancia, cada un gardando o seu propio territorio, pero pronto ocorreu a maxia que só os corazóns golpeados entenden: recoñecéronse.

Sofia converteuse nun escudo, na proba de que aínda quedaba lugar para os xogos e a calma.

Hernest, pouco a pouco, empezou a soltar o medo.

Primeiro foi un movemento tímido de cola, logo un salto torpe para invitala a xogar.

Despois viñeron as carreiras baixo o sol, os choques de fociños, os descansos compartidos en silencio.

Xunto a ela lembrou que non nacera para o medo,
se non para 
a alegría.

Hoxe, Hernest volver ser o guerreiro que foi, pero cunha forza nova: a da amizade.

As súas cicatrices xa non son o recordo dunha derrota, se non a marca da súa resistencia.

Porque esta viaxe non a fixo solo: voluntarias e compañeir@s escoltárono, lembrándolle que ningún heroe pelexa sen aliados.

E así, entre xogos e miradas cómplices, Hernest ensínanos que ata das batallas máis duras pódese saír renovado se alguén cree en ti e camiña ó teu carón



Podes coñecer máis de Hernest nesta ligazón: Ficha de Hernest