Dosi

Non lembra o ocorrido.

Non lembra de onde viña nin cara onde ía.

Só sabía que estaba perdido, golpeado, invisible entre o ruído dos coches que pasaban de largo.

O asfalto queimáballe máis que os sol porque ninguén o vía, ninguén o sacaba de alí porque todos o ignoraban.

Ata que un día, alguén si que o viu.

Un coche detívose, as portas abríronse e unhas mans descoñecidas arrancárono do esquecemento.

Non fixo falta máis: ese intre de valor, tan só una decisión sinxela, e a súa vida cambiou para sempre.

Ás veces, Dosi pensa en todo lo que ocorrería se ese coche non se detivese, se aqueles ollos mirase cara outro lado como facían os demais. El non estaría aquí.

Non correría detrás dos seus compañeir@s de canil, non xogaría con Gwen, a súa compañeira inseparable, non descubriría que aínda se pode confiar.

Xa van máis de catro anos dende entón.

Dosi segue no refuxio, onde os días cóntanse en ladridos e caricias de voluntarias.

É alegre, xogueteiro e sempre está listo para saír a correr.

Pero o tempo ensinoulle que non basta con mover o rabiño para ser elixido.

Moitas familias veñen, miran e pasan de largo, como os coches naquela estrada.

E Dosi quédase agardando,
outra vez.

Ás veces pregúntase que fai falta para que alguén se fixe nel.

Despois lémbrase daquel coche que se detivo e comprende que non se trata de grandes milagres, se non de pequenos actos de humanidade.

Basta cun «eu si o farei» para salvar unha vida.

Dosi é a proba diso.

Mentres espera o seu final feliz, celebra o agasallo de estar vivo, de poder xogar, de non correr perigo, de compartir e seus días con Gwen e cos que non deixaron que a súa historia rematara no asfalto.


Porque o verdadeiro valor non está en mirar atrás, se non en atreverse a deterse.


Podes coñecer máis de Dosi nesta ligazón: Ficha de Dosi