o principio da nosa segunda oportunidade.
Dicían que atoparan familias, sofás brandos, camas cálidas e eso que chaman «cariño».
Temos medo.
Ás veces escondemos a cabeza cando alguén se acerca, outras fuximos para protexernos.
En realidade, o que queremos só é deixar de tremer.
E cando alguén ten paciencia e se senta ó noso lado sen dicir nada, cando nos deixa tempo, os nosos corazóns ábrense como ventás.
Entón achegámonos, primeiro con cautela, logo con confianza, e ofrecemos o que sempre tivemos gardado: cariño, tenrura e gratitude.
Somos Hanna, Timón, Kamel e Ekko.
@s invisibles.
@s que non saltan ós brazos dun visitante, @s que non entran nun fogar á primeira.
Pero tamén somos @s que, unha vez aprendemos que non hai perigo, nos entregámos de verdade.
Non hai amor máis puro que o que nace despois do medo.
O voluntariado devolveunos a vida: as súas mans acaríciannos sen presas, a súas voces ensínannos que o mundo no é só reclusión.
Grazas a elas, sabemos que existe un lugar onde podemos ser felices.
Só falta que alguén nos vexa como o que somos: catro corazóns que aprenderon a confiar, catro tesouros escondidos esperando ser atopados.
Podes coñecer máis de Hanna nesta ligazón: Ficha de Hanna
Podes coñecer máis de Timón nesta ligazón: Ficha de Timón
Podes coñecer máis de Kamel nesta ligazón: Ficha de Kamel
Podes coñecer máis de Ekko nesta ligazón: Ficha de Ekko
