Sofía


A primeira vez que subiu ó coche, Sofía non entendía nada.

O motor ruxía baixo as súas patas trémulas e o aire cheiraba distinto, como se un mundo descoñecido estivera a piques de abrirse ante ela.

Non sabía que aquela viaxe sería
o comezo dunha transformación.

Ela, que aprendera a mostrarse dura para protexerse, acochábase en silencio, mirando pola fiestra coma se buscara unha resposta sen sequera coñecer a pregunta.

Ó chegar ó destino, a situación era aínda máis desconcertante: cans e cadelas que non coñecía, correas que se cruzaban e enredaban, voces humanas que mesturábanse con ladridos... A súa reacción foi a única que coñecía: rosmar.

«Non te achegues.»
«Non invadas o meu espazo.»
«Non me fagas dano.»

As voluntarias entendérono e non a culparon.

En lugar diso, ofrecéronlle unha nova estratexia: a paciencia.

Clase tras clase, Sofía empezou a descubrir outra linguaxe.

Aprendeu que unha correa solta non é unha ameaza, que unha mirada tranquila pode ser unha invitación ó xogo, que un pase pode ser un momento de calma en lugar dunha batalla.

O seu mundo, antes reducido ás paredes do refuxio e á necesidade de defenderse, comezou a expandirse con cada excursión.

E así, tras aquel traxecto, que ó principio era medo, pasou a ser expectativa.

Sofía sacaba a cabeza pola fiestra, deixando que o vento despeitearalle as orellas, como se intuíra que naquel lugar non a esperaban perigos, se non oportunidades.

Entón ocorreu o inesperado: a rosmona que desconfiaba de todos,
lanzouse un día a xogar.

Primeiro con cautela, logo con entusiasmo, ata descubrir que compartir a vida con outr@s era moito máis divertido que enfrontarse a el@s.

Hoxe,
Sofía corre, persegue xoguetes, choca fociños c@s seus 
compañeir@s... En cada xesto late unha dozura que sempre estivo aí, esperando que a despertaran.


A súa historia non é só a de unha cadela que aprendeu a confiar, se non a dun grupo de voluntarias que apostaron por ela, que viron máis alá dos seus gruñidos e guiárona cara unha vida distinta.

Sofía é a proba de que, con paciencia e amor, incluso os corazóns máis desconfiados aprenden a abrirse.

ela fíxoo do xeito máis fermoso: xogando, rindo co corpo enteiro, mostrando ó mundo que sempre se pode cambiar.


Podes coñecer máis de Sofia nesta ligazón: Ficha de Sofia