«@s gat@s son animais de rúa e non lles importa ir dun lado a outro buscando onde refuxiarse.»
A realidade era que Bianchi estaba indefenso, con dor e precisaba axuda urxente.
Por sorte, alguén que sabía que iso non son máis que mitos (e escusas para facer calar á conciencia), detívose e rescatouno.Alí aconteceu algo marabilloso: a verdade saíu á luz.
Bianchi non era un gato frío nin distante, non era ese animal «independente» que non precisa de cariño humano.
Pola contra, revelou a súa verdadeira natureza: cariñoso, tenro, agradecido.
Un gato que busca contacto, que se achega con confianza e que se deixa querer.
O caso de Bianchi ensínanos algo esencial: ningún gat@ merece vivir exposto ó frío, á fame ou ós perigos da rúa.
A súa vida non é máis doada por ser gat@ nin o seu corazón menos sensible.
El@s tamén sofren, tamén se senten sós, tamén buscan un fogar.
Bianchi é a proba vivinte de que detrás de cada gat@ da rúa hai unha historia que merece cambiar.
Podes coñecer máis de Bianchi nesta ligazón: Ficha de Bianchi
