Había unha vez unha cadeliña que sabía desaparecer.
Non porque fora máxica, se non porque aprendera a facerse invisible.
Cando chegaban persoas novas ó refuxio, ela facíase pequena nun recuncho, confiando en que o seu silencio protexéraa.
Outr@s ladraban, saltaban, reclamaban caricias.
Gwen non.
Gwen esperaba.
Os días pasaban e case ninguén a vía.
Pero as voluntarias, esas mulleres que teñen o don de mirar cos ollos do corazón, descubriron pronto o seu segredo:
Gwen non era invisible, só tiña medo.
E así, empezaron a visitala coma quen se senta cada tarde xunto a unha árbore tímida, agardando a que floreza.
Ó principio, Gwen retrocedía.
Encollíase, miraba de reollo.
Pero pouco a pouco, como unha flor que abre os seus pétalos co sol, empezou a confiar.
Logo aceptou unha caricia.
Despois, un paseo.
E así, ladrillo a ladrillo, foi construíndo unha ponte entre o seu medo e o amor das voluntarias.
Unha entrega lenta pero eterna.
E así segue, agardando.
Invisible para moit@s, pero non para tod@s, porque quen decida vela de verdade, descubrirá que Gewn é un conto fermoso contado en voz baixa, deses que se leen amodiño, con tenrura e que nunca nunca se esquecen.
Podes coñecer máis de Gwen nesta ligazón: Ficha de Gwen


