Nikita

Escuridade.
Cheiro a podremia.
Restos que ninguén quixo
A mundo que xa non serve.

O frío do plástico sucio contra o meu pequeno corpo facíame tremer.

Cada ruído do exterior soaba como un monstro que nunca vira.

Choraba sen saber se alguén podía escoitarme, sen saber se aquel era o último lugar onde abriría os ollos.

Un bebé non entende de crueldade, pero sente o abandono, vaia que si.

A fame queimaba por dentro e o medo facía que cada segundo parecese unha eternidade.

Alí, entre bolsas e refugallos, aprendín o que era a soidade antes sequera de aprender a xogar.

E de súpeto… a luz, unha tapa que se abre. O aire fresco entrou coma unha caricia inesperada.

Unhas mans tenderon cara a min, mans quentes, humanas, diferentes de todo o que coñecera.

Non eran monstros: eran salvación.

Aquel instante foi o renacer.

Deixar atrás o cheiro a lixo para descubrir o cheiro dun fogar de 
acollida, o latexar dun corazón preto do meu, a posibilidade de vivir.

Hoxe chámome Nikita, e o mundo que me rodea non é o dun contedor, senón o dunha casa que me da esperanza.

Mais nunca debera ter aprendido tan cedo o que é ser tirada como un obxecto.

Cada vida rescatada lembra isto: ningún ser vivo pertence ó lixo.

Pertencemos ó amor, á dignidade á oportunidade de medrar sen medo.


Podes coñecer máis de Nikita nesta ligazón:
Ficha de Nikita